miércoles, 26 de enero de 2011

Evacuada a Escola Infantil de Fene por escape de gas

Hoxe ás 13.30h produciase o incidente que foi debido a unha pá que traballaba nunhas obras cercanas e que, accidentalmente, rompeu unha tubería de gas. Os nenos foron evacuados inmediatamente.

Fonte:  http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2011/01/26/00031296068164094889971.htm

NEGOCIACIÓN NO ÁMBITO LABORAL

Nesta actividade traballamos os estilos, técnicas, fases e estratexias no contorno da negociación.
http://www.box.net/shared/phnx4igq

miércoles, 19 de enero de 2011

A CIG convoca folga xeral o 27 de xaneiro contra “as políticas que imporán un retroceso social e laboral de 60 anos”

A Confederación Intersindical Galega ten convocada unha nova folga xeral para o vindeiro 27 de xaneiro en contra das políticas “anticrise” adoptadas polos gobernos, nomeadamente a pretensión de reformar o sistema público de pensións, que o Secretario Xeral cualificou como “o maior ataque aos dereitos da clase traballadora dende o franquismo”. A central anima a CCOO e a UGT a sumarse á convocatoria, que coincide no tempo co paro xeral anunciado polos sindicatos vascos, e adiantou que está disposta a flexibilizar a data de cara a consensuar un día común, co obxecto de fortalecer a resposta social. En todo caso, a convocatoria de folga xeral realizarase antes do 28 de xaneiro, xornada marcada polo goberno español para sacar adiante a súa proposta de reforma das pensións. 




Fonte: http://www.galizacig.com/avantar/novas/29-12-2010/a-cig-convoca-folga-xeral-o-27-de-xaneiro-contra-as-politicas-que-imporan-un-retroc