domingo, 3 de abril de 2011

Ampliado o prazo para que os autónomos poidan optar á cobertura por desemprego

O Ministerio de Traballo e Benestar ampliou o prazo até o 30 de xuño para que todos os traballadores dados de alta no Réxime Especial de Traballadores por Conta propia e Autónomos (REAT) que non tivesen cuberta a protección por cese de actividade poidan optar a ela. Esta medida entrou en vigor o pasado 6 de novembro e daba un prazo de tres meses para que os autónomos que non cotizasen por este concepto puidesen optar a esta cobertura. Para aceder a devandita prestación deberán atoparse o día nos pagos, ter cotizados de xeito continuado nos 12 meses anteriores o cese, acreditar dispoñibilidade para reincorporarse aoa mercado de traballo e non ter cumprido a idade ordinaria para causar dereito a pensión de xubilación. Pero, ademáis, terán que cotizar por acidente de traballo e enfermidade profesional, algo que ten cáracter opcional e que non contemplan a mair parte dos traballadores deste réxime especial. Fuente: El Diario de Ferrol, Domingo 27 de Marzo de 2011

No hay comentarios:

Publicar un comentario