O Movemento 15M en Galiza foi subsidiario durante as primeiras semanas da acampada da Porta do Sol de Madrid. O galego, outrora hexemónico na mobilización social, conviviu co castelán, hoxe en día maioritario entre a xente moza, especialmente nas cidades atlánticas.
Mais a indignación descentralizouse. A brutal represión sobre os acampados de Barcelona mostrou que en Catalunya os indignados usaban a súa propia identidade para darlle maior sentido e autenticidade ás súas demandas.
Velaquí unha escolma de palabras en galego do Movemento 15M que unen a reivindicación coas propias raíces.
Fonte: A nosa terra diario
No hay comentarios:
Publicar un comentario