A rede privada de escolas infantís en lingua galega será unha realidade o vindeiro curso. A comisión impulsora da asociación Galiza co Galego (GcG) logrou onte superar os 3.000 apoios, case unha semana antes da data prevista, o 17 de maio.
O obxectivo é conformar unha rede de ensino que garanta unha educación vehicular en galego para os nenos de 0 a 3 anos, algo que xa facilitaban as galescolas durante o bipartito pero que quedou imposibilitado co novo Executivo do PP. GcG conta xa cun proxecto educativo marco elaborado en colaboración coa a AS-PG e Nova Escola Galega, ademais do apoio de sindicatos educativos ou da Unión das Cooperativas de Ensino.
Fonte: Xornal.com, 13/05/2011
No hay comentarios:
Publicar un comentario