viernes, 25 de marzo de 2011

A Seguridade Social impulsa un servizo de apoio á cotización para pequenas empresas

En atención ás dificultades que poden ter as empresas de reducida dimensión para incorporarse aoa sistema de transmisión de cotizacións por medios eléctronicos e informáticos, a Seguridade Social pon en marcha un servizo de apoio para facilitarlles o cumprimento destas obrigas. Cómpre lembrar que desde o 1 de xaneiro todas as empresas con traballadores que coticen polo rexime xeral, así como as que teñan máis de 10 traballadores noutros réximes, deben utilizar o sistema de remisión electrónica de datos (RED).
Para facilitar este proceso, o Boletín Oficial do Estatuto publicou o pasado 10 de marzo a resolución pola que se determinan as condicións para a prestación deste servizo de asistencia técnica e asesoramento que proporcionará unha especie de borradores TC similares aos que envia Facenda polo IRPF. Trátase dun documento electrónico de pago para a liquidación e ingreso das correspondentes cotas.Poderán acollerse ao Servizo de Apoio á Cotización (SAC), a partir do 1 de abril, os empresarios titulares de códigos de conta de cotización inscritos no Réxime Xeral da Seguridade Social que conten cun máximo de 10 traballadores no momento de efectuar a solicitude.
Para acceder a este servizo de asistencia non poderán ter unha autorización vixente para o uso do sistema de remisión electrónica de datos (REC) na data de publicación desta resolución nin con posterioridade a esta data.
A presentación do servizo realizarase durante tres períodos de liquidación de cotas consecutivos. Rematando este período, a Tesouraria Xeral da Seguridade Social poderá establecer unha única prórroga do servizo por outros tres meses, en atención as circunstancias que concorran no empresario.
A TSXS poderá poñer fin á presentación do servizo ao rematar o prazo máximo, así como naquelas situacións nas que a empresa deixe de reunir os requisitos estableidos ou incumpra a obriga de achegar os datos imprescindibles para o cálculo.



Fuente: El Diario de Ferrol, Domingo 20 de Marzo de 2011

No hay comentarios:

Publicar un comentario